Dellait chega a España para maximizar a eficiencia técnica e económica das ganderías leiteiras

Dellait chega a España para maximizar a eficiencia técnica e económica das ganderías leiteiras

Dellait España SL, especializada en nutrición e saúde do gando vacún de leite, ofrece servizos e solucións para incrementar a eficiencia das empresas a través dun equipo multidisciplinar coordinado internacionalmente. Esta firma propón a implantación de solucións eficientes para a xestión de ganderías de vacún leiteiro.

Consultores, científicos e analistas de datos forman parte do equipo de Dellait a nivel internacional. Un equipo con amplo coñecemento no sector e dilatada experiencia en nutrición e saúde animal, calidade de leite, prácticas de manexo e intelixencia empresarial.

Este ano conta coa incorporación en España da licenciada en veterinaria pola USC e cun Doutoramento Internacional en manexo alimentario e benestar animal de vacún leiteiro, Yolanda Trillo. O seu cargo será de Directora Xeral na península ibérica e completa unha rede global de expertos cun enfoque colaborativo detrás da nutrición animal.