DeLaval lanzou o primeiro cepillo rotativo para vacas en 2003 e agora hai máis de 100.000 mellorando a vida de máis de cinco millóns de vacas en máis de 80 países.
Sophie e Christopher Lode, propietarios da granxa Basse Moriere, en Francia, son os propietarios do cepillo número 100.000. "Eliximos o cepillo DeLaval SCB principalmente polo benestar que lle proporciona ás vacas. Tamén é o que mellor coñecemos, o que máis vemos nas granxas, e ademais temos unha boa relación co distribuidor da nosa zona", di Christopher Lode.
En liña co fito das 100.000 unidades vendidas, DeLaval lanza agora a súa versión patentada 2022, o cepillo rotativo para vacas DeLaval SCB3. Esta versión actualizada está deseñada para ser aínda máis robusta e máis fácil de instalar.
"As vacas elixen cando queren ser cepilladas e o cepillo empeza a virar cando entra en contacto coa vaca. Rota libremente en todas as direccións e os fíos teñen a lonxitude e a dureza adecuadas para estimular a circulación sanguínea á vez que axudan á vaca a manterse limpa e tranquila", di Eriksson.
DeLaval asegura seguir apostando por produtos innovadores que melloren o benestar dos animais e axuden ao gandeiro a ser máis eficiente facendo posible unha produción máis sostible.