DeLaval presenta un novo sistema que emprega intelixencia artificial para axudar os gandeiros na toma de decisións

DeLaval presenta un novo sistema que emprega intelixencia artificial para axudar os gandeiros na toma de decisións

DeLaval Plus BA é o novo lanzamento da compañía. Trátase dun sistema innovador que emprega intelixencia artificial (IA) coa finalidade de axudar nas ganderías para a toma de decisións. Así pois, DeLaval Plus Análise de Comportamento utiliza sensores para rexistrar o comportamento de cada animal, analiza os datos de cada vaca grazas á IA e axuda, desta maneira, a identificar vacas en celo ou con algún tipo de afección.

O sistema funciona cos novos crotais DeLaval BioSensors, que se comunican automaticamente con nodos instalados na nave. Os datos recollidos procésanse utilizando DeLaval DeepBlue, IA desenvolvida usando modelos de comportamento das vacas. Así pois, ofrécese cálculos avanzados de detección de celo, ruminación e comportamento de alimentación, e devólvese esta información aos gandeiros para que tomen mellores decisións, máis rápidas e precisas.

"Se a vaca non se atopa ben, o sistema índicanolo antes de que poidamos velo na cuadra. Está continuamente analizando o que ocorre e pode atopar patróns máis rápido ca nós", afirman desde unha das primeiras explotacións do mundo que probou este sistema, o cal xa está dispoñible en España e Portugal coa posibilidade de adaptarse a múltiples deseños e configuracións de granxas.

A través do portal DeLaval Plus, as granxas conectadas poderán gozar de servizos dixitais que van desde a predición de enfermidades á análise do rendemento reprodutivo da granxa e a súa comparativa con outras conectadas. Con esta información, axúdase os usuarios no traballo diario ao poder responder de forma axeitada ante os exemplares que precisan atención. Ademais, os gandeiros poderán mellorar o rendemento da súa explotación ao aumentar o benestar animal e a produtividade.