DeLaval participa estes días no Congreso Anembe, que se celebra en Valladolid, cunha dobre proposta para os profesionais do sector veterinario: presenza na zona comercial e unha sesión técnica centrada no muxido robotizado de precisión.
O simposio, dedicado ao Muxido Flow-Responsive™ para DeLaval VMS™ V300, celebrarase esta tarde, de 16:00 a 17:30 horas, na Sala 4, baixo o lema “Aumenta a velocidade de muxido. Con suavidade”. A charla será impartida por Konstantinos Kakoulis. Segundo informa a compañía, todos os asistentes recibirán un regalo pola súa presenza na conferencia.
Durante a sesión abordaranse as posibilidades do muxido robotizado de precisión e o papel das novas tecnoloxías para optimizar o proceso de muxido, mellorar a eficiencia e manter o benestar animal.
Ademais, DeLaval conta co seu stand propio, o número 13, na área expositiva do congreso, onde convida os asistentes a coñecer as súas últimas novidades en automatización e xestión do muxido.