A gama de robots DeLaval amplíase agora cun robot autónomo de distribución de alimento, OptiWagon. A alimentación supón un dos maiores custos nunha granxa e, ademais, é a tarefa que require máis man de obra despois do muxido. DeLaval lanza o novo robot como un módulo da súa solución integral de alimentación automatizada, DeLaval Optimat™. Este sistema de alimentación integral proporciona todo o necesario, desde a pesada, o corte e a mestura ata a distribución na zona de alimentación.
O OptiWagon é capaz de fornecer a varios grupos de animais raciónes diferente até doce veces ao día. As receitas e as rutas do OptiWagon configúranse e axustan a través do sistema de xestión de granxas DeLaval DelPro. "O novo robot de distribución de alimento axuda a optimizar a conversión da materia seca da forraxe en leite. Ser capaz de facer isto eficientemente é un gran beneficio para unha granxa," di Ludo Bols, especialista en Sistemas de Alimentación de DeLaval. "Incluíndo o OptiWagon como parte do sistema Optimat tense un sistema de alimentación eficiente e flexible que pode axudar a aforrar un tempo valioso e limitar os custos de enerxía nas granxas", engade Ludo. DeLaval mantén o seu concepto de ter produtos separados para mesturar e cortar e distribuír o penso. "Desta maneira desenvolvemos o produto para que faga o traballo que debe facer da mellor maneira posible", explica Ludo.
O sistema Optimat está instalado en máis de 600 granxas, principalmente en Europa. O sistema está dispoñible en dúas versións: DeLaval Optimat™ Standard e DeLaval Optimat™ Master. A versión estándar é un sistema sinxelo e eficaz, adecuado para explotacións de 120 a 130 vacas, e a versión master é unha solución de alimentación totalmente automática, creada para unha capacidade de ata 1.000 vacas. O OptiWagon lanzarase na maioría dos mercados europeos durante a primavera.