Na actualidade, máis de cinco millóns de vacas en máis de 80 países gozan do cepillo rotativo DeLaval, cifra que se incrementará tras a ampliación desta gama de produtos co novo cepillo rotativo SBB para vacún de carne.
O DeLaval SBB está especialmente deseñado para usarse en gando de cebo con cornos ou pelo longo. Este tipo de animais adoitan ser máis grandes e teñen un comportamento diferente ao das vacas leiteiras. Isto fai que a forza aplicada ao cepillo sexa moito maior, algo que a marca tivo en conta durante o seu desenvolvemento, e como resultado, este cepillo ten unha mellor protección do cable e acabados novos en aceiro inoxidable, o que o fai especialmente resistente e robusto.
O cepillo rotativo para vacún SBB foi probado en numerosos países durante os seus anos de desenvolvemento. A maioría dos gandeiros que o empregaron nos seus animais neste tempo puideron comprobar que o SBB proporciona unha pelame máis limpa e brillante, reduce os parásitos e fomenta a tranquilidade do rabaño.