DeLaval acaba de presentar a serie MA de automatización do muxido, un innovador sistema deseñado para optimizar a xestión en salas de muxido convencionais.
Esta nova solución automatiza tarefas clave do muxido, como a supervisión do proceso, o control da pulsación, a medición da produción de leite e a retirada automática dos colectores. A tecnoloxía DeLaval Flow-Responsive™ axusta automaticamente a velocidade e intensidade da muxidura para maximizar a produción e garantir a saúde da ubre.
"Esta serie ofrece conectividade, flexibilidade e rendemento inigualables, permitindo un control eficiente cun só toque de botón", explica Christian Schmitz, especialista en solucións de automatización de DeLaval.
Dispoñible en tres modelos - MA100, MA200 e MA500 -, a serie MA adáptase ás necesidades de distintos gandeiros. O MA100 é unha opción básica para mellorar a eficiencia, mentres que o MA500 incorpora unha pantalla adicional con información clave sobre as vacas e a produción. Ademais, incorpora un sistema de alerta LED e un botón dun só toque para simplificar as tarefas diarias.
O sistema baséase en catro piares: FlexiCommand, que facilita o control; FlexiFit, compatible con diferentes tipos de salas; FlexiFuture, un deseño escalable para adaptarse ao crecemento da exploración; e FlexiMilk, que integra outras solucións DeLaval Excellence. Con esta innovación, DeLaval reforza o seu compromiso coa eficiencia e sustentabilidade na produción leiteira.