DeLaval celebra as súas vodas de ouro

DeLaval celebra as súas vodas de ouro

A empresa DeLaval empezou a súa actividade no ano 1972 baixo o nome de Equipos Agrícolas Alfa-Laval SA, na actualidade DeLaval Equipos SA. Esta firma chegou ao país coa finalidade de facer posible a produción sustentable de alimentos, para acompañar aos gandeiros no seu día a día e para mellorar a vida nas granxas, tanto aos empregados como aos animais.

Despois destes 50 anos, segue crecendo e os seus datos mantéñense con respecto a outros anos nos que a compañía conseguiu establecer un crecemento estable na súa facturación, todo grazas á súa rede de distribución e á confianza dos gandeiros.

Para celebrar as vodas de ouro, DeLaval puxo en marcha a súa acción "50 anos 50 eventos" co obxectivo de volver reunirse cos gandeiros en diferentes eventos, como xornadas de portas abertas ou días de estudo.

Consulta todos os eventos aquí