Manter a mamite baixo control é un reto de máxima importancia para todos os gandeiros de leite e require dun enfoque continuo. Cando en DeLaval se propuxeron axudar os seus gandeiros a evitar a mamite, comezaron pensando nas 3 áreas preferentes do coidado do teto: ataque, acondicionamento e defensa. Partindo desta formulación, crearon tecnoloxías exclusivas aplicables a cada unha destas áreas e incluídas en diferentes produtos como Dipaltm RTU, Tri-Fendertm ou Hamra Rede.
Unha vez listos os produtos necesarios, deseñouse a “Ruta cara ao éxito”, a cal consiste en trazar os pasos que todo gandeiro debe seguir, comezando por avaliar en que punto se atopa, onde quere chegar, como manter o rumbo e como acadar o obxectivo de eliminar totalmente a mamite no rabaño.
DeLaval ten os coñecementos, a experiencia e a gama de produtos que axudarán a superar este reto grazas ao seu Plan de Acción contra Mamite (PAM).