Delagro presenta Ferplan, unha tecnoloxía para revolucionar as estratexias de abonado dos cultivos

Delagro presenta Ferplan, unha tecnoloxía para revolucionar as estratexias de abonado dos cultivos

A cooperativa de segundo grao Delagro presentou esta mañá no seu complexo multidisciplinar das Pontes Ferplan, unha nova tecnoloxía que, afirmaron, dará un xiro de cento oitenta graos á forma en que gandeiros e agricultores fertilizan os seus cultivos.

Tras máis dunha década de investigación na que o equipo técnico de Delagro e as cooperativas socias estudaron, en colaboración co Centro de Investigación Agraria de Mabegondo (CIAM), máis de 8.000 mostras de chan do norte de España, este innovador proxecto ve a luz abrindo a porta a unha maneira de cultivar máis rendible, produtiva e sustentable.

Esta tecnoloxía integra nun único proceso o plan completo de nutrición vexetal dunha parcela, desde a selección do cultivo e o encalado, ao aporte de xurro e a aplicación dos fertilizantes minerais que sexan necesarios. Desta forma, optimízanse os custos de abonado, mellórase a produción e calidade das forraxes e contribúese á preservación do medio natural. Así mesmo, unha das súas principais innovacións é que contempla o uso de xurro como fertilizante e ten en conta os nutrientes minerais que este achega ao chan para calcular a cantidade final de abono que un cultivo necesita.

Tendo todo isto en conta, Ferplan axudará a agricultores e gandeiros a cumprir coas novas normativas ambientais encamiñadas a unha nutrición sustentable e eficiente nos chans agrarios, e mesmo