Delagro, Premio Diamante pola súa integración de proveedores na cadea de valor

 

A coperativa de segundo grao Delagro foi galardoada na XII edición dos 'Premios AERCE O Diamante da Compra', na categoría de Integración de Provedores na Cadea de Valor, outorgados pola Asociación Española de Profesionais de Compras, Contratación e Aprovisionamentos (AERCE).

Trátase dun recoñecemento ao compromiso da cooperativa coa innovación, a eficiencia e a excelencia na xestión da cadea de subministración, co que AERCE premia o labor estratéxico desempeñado por Delagro na súa aposta pola dixitalización e a efectividade dos seus procesos de compras, así como pola súa achega global ao sector agroalimentario.

Concretamente, foi galardoada pola implementación dun sistema de desenvolvemento propio de integración de albaráns, o cal permitiu unha comunicación máis fluída e automatizada cos provedores homologados, cuxos documentos comerciais son compartidos en tempo real e posteriormente importados de forma masiva no ERP DelagrOS. Este software, ideado polo equipo de IT de Delagro hai máis dunha década e perfeccionado ao longo dos anos, ofrece ás cooperativas e pemes do sector agroalimentario a posibilidade de planificar facilmente e coordinar os diferentes elementos que dan soporte ao seu proceso produtivo.