Delagro organiza unha xornada formativa sobre o pasto Siambasa

Delagro aposta, desde hai algúns anos, por cultivos alternativos que complementen aos tradicionais de herba e millo forraxeiro para o gando. Levan comercializando e sendo distribuidores do pasto Siambasa no norte da península desde fai dúas campañas. Obtiveron uns resultados interesantes que están a provocar que cada vez sexa máis utilizado na zona norte como unha alternativa forrajera.

Por iso, o xoves 15 de Abril, ás 16:oo horas, ofrecen unha Xornada Informativa que organizan a través de Gloogle  Meet. Na cita explicarán en profundidade as súas virtudes e principais características e manexo do cultivo. A xornada está dirixida a agricultores, gandeiros e técnicos de toda índole (cooperativas e non cooperativas) ou calquera persoa interesada nesta alternativa. Ademais, mostrarán plantacións da pasada campaña 2020 en distintas zonas do norte peninsular. 

A xornada gravarase e poderase acceder a través das redes sociais de Facebook e Linkedin nos perfís de Delagro e Arvum Subministracións Agrarias.

Acceso á xornada