Delagro introduce os seus plásticos de última tecnoloxía no mercado portugués

A cooperativa de segundo grao Delagro asistiu á última edición da AgroSemana (Póvoa de Varzim, 29 de agosto - 1 de setembro) de man da Ucanorte XXI-União Agrícola do Norte UCRL, coa que colaboran desde 2014 para a comercialización de diversos produtos, tales como o fertilizante Ucafert. O obxectivo de Delagro nesta ocasión é a introdución dos plásticos de última xeración que eles comercializan nas cooperativas agrícolas que forman parte da Ucanorte XXI.

O responsable do Departamento de Produción Vexetal de Delagro, Javier Caneda, explica neste vídeo as principais características e vantaxes desta solución integral para a protección do silo. Noutro vídeo, a enxeñeira da Coop. Agrícola de Santo Tirso e Trofa Diana Ramos conta a súa experiencia con estes plásticos.