A cooperativa de segundo grao Delagro contribuíu durante 2019 á Campaña das bólas de cores, que recada fondos para a investigación contra o cancro, realizando un donativo por cada bobina vendida dunha liña de plásticos de ensilado Trioplast de cores rosa (contra o cancro de mama), azul (contra o cancro de próstata) e amarelo (contra o cancro infantil).
Delagro é distribuidora no norte de España de Trioplast, a empresa sueca especializada en materiais de empaquetado agrícola e industrial que creou en 2014 en Nova Zelandia a campaña solidaria das Bólas de cores e fabrica as bobinas.
Mediante a Campaña recadáronse máis de 2.000 euros para a Asociación Española Contra o Cancro en 2019 en España. Cada bobina vendida supón 1 euro doado por Trioplast, outro polo distribuidor e outro polo cliente final.
Máis información na nota de prensa emitida por Delagro