Delagro consegue a certificación ecolóxica das súas calcarias magnesianas e lanza o seu PLAN MAGNICAL®

Delagro consegue a certificación ecolóxica das súas calcarias magnesianas e lanza o seu PLAN MAGNICAL®

A Comisión Europea publicou en maio deste ano a Estratexia «Da Granxa á Mesa» para un sistema alimentario xusto, saudable e respectuoso co medio ambiente que pretende, entre moitas outras actuacións, reducir e optimizar o uso de fertilizantes.

Delagro, que entre outras moitas actividades desenvolve a produción de fertilizantes, acaba de obter para as súas calcarias magnesianas o certificado ecolóxico e, aproveitando a conxuntura, presenta a ferramenta na que estivo traballando durante este ano, o denominado PLAN MAGNICAL® e MÉTODO CALGROUND®.

Estes plans agronómicos, que se presentarán mañá por videoconferencia a máis de 50 técnicos agronómicos de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, Euskadi e Portugal, supoñen unha formulación profesional ao agricultor para optimizar ao máximo as achegas de fertilizantes, valorando cada unidade fertilizante dispoñible no chan e, desta maneira, reducir sensiblemente os seus custos de explotación e a incidencia ambiental. Estes plans contemplan non só a acidez do chan, como viña facendo ata agora, senón que tamén ten en conta a cantidade de aluminio no chan, que reduce considerablemente o rendemento e a calidade dos cultivos. Desta maneira preténdese:

  1.   Corrixir o pH dos chans
  2.   Diminuír a concentración de aluminio tóxico presente
  3.  Solubilizar os nutrientes do chan para o seu aproveitamento

O PLAN MAGNICAL® e o METODO CALGROUND® de Delagro complementa o software de nutrición vexetal PROFER® desenvolvido hai algúns anos pola cooperativa agroalimentaria xunto coa Universidade de Santiago, que pon en valor o racionamento adecuado de nutrientes nos cultivos.