Delagro pechou 2024 cun volume de negocio de 281 millóns e consolidou a súa transformación estatéxica

Delagro pechou 2024 cun volume de negocio de 281 millóns e consolidou a súa transformación estatéxica

A cooperativa de segundo grao Delagro presentou este mércores as contas correspondentes ao exercicio 2024 na súa Asemblea Xeral. O ano pasado estivo marcado pola transformación organizativa e a aposta pola innovación, a sustentabilidade e a eficiencia.

Delagro pechou este período cunha cifra de negocio de 281 millóns de euros. A pesar dunha baixada na moderación de prezos en insumos estratéxicos, a cooperativa logrou manter ou incluso medrar en volume en familias clave.

Daniel Ferreiro, presidente de Delagro, destacou que "nun ambiente cada vez máis complexo, reafirmamos o noso compromiso co cooperativismo, o desenvolvemento do medio rural e o acompañamento activo ás nosas cooperativas socias".

Pola súa banda, Matín Díaz, xerente dende o ano pasado, subliñou que "estamos mellor preparados para os retos do futuro. O noso compromiso coa sustentabilidade, a innovación e o apoio ao territorio segue máis vixente ca nunca".

O Consello Reitor e a nova xerencia marcaron como prioridades para 2025 a execución de novas iniciativas estratéxicas xurdidas da análise interna realizada. O obxectivo perseguido é consolidar a posición de Delagro e do grupo de cooperativas que a conforman como axentes tractores do cambio no sector agroalimentario.