Delagro celebrará unha xornada técnica no marco de Cimag-GandAgro

Baixo o título de “Transmisión Natural de Nutrientes na Cadea Alimentaria”, a cooperativa Delagro convoca a unha xornada para profesionais do sector agroalimentario implicados na cadea alimentaria, desde o sector produtor, integrado por gandeiros e agricultores, á industria agroalimentaria, a distribución e o consumidor como último e decisivo elo dunha cadea que nos une a todos.

O encontro terá lugar o 22 de febreiro, a partir das 10.15 horas, no mirador do pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia, no marco da terceira edición da feira Cimag-GandAgro.

Programa da xornada