Delagro anima aos gandeiros a adquirir plásticos de ensilado de cores para sumarse á loita contra o cancro

Desde hai case unha década, Trioworld, líder mundial en fabricación de plásticos de ensilado, conta cunha gama de plásticos de cores que destina unha parte das súas vendas á investigación contra o cancro. A compañía, apoiada por clientes e distribuidores como Delagro, recaudou para esta causa máis dun millón de euros en todo o mundo. Cada un dos plásticos simboliza un tipo diferente de cancro: o rosa, o de mama; o azul, o de próstata, e o amarelo, o infantil.

Delagro, distribuidor exclusivo de Trioworld no norte de España, participa nesta campaña para recaudar fondos desde o ano 2017. O cancro é unha das principais causas de morte no país. Polo seu profundo impacto social e sanitario, o mellor acompañamento dos pacientes e as súas familias, así como maiores investimentos para investigar as causas da enfermidade e novos tratamientos que permitan combatela, foron reivindicacións que xeraron unha importante mobilización nos últimos anos.

"Animamos a todos os gandeiros a adquirir os plásticos de ensilado de cores, xa que facéndoo non só obteñen un produto de máxima calidade, senón que axudan a distintas asociacións españolas a seguir apoiando a investigación contra o cancro e acompañando ás familias afectadas por esta enfermidade", explica José Manuel Díaz, director comercial de Delagro.