De Heus lanza Bacilactol Absolut® e Benefit® para potenciar a ganancia de peso de xatos lactantes

A compañía presenta dous lactosubstituíntes especificamente desenvolvidos para fortalecer o sistema inmune e adaptar o rume ao consumo de penso, obtendo uns xatos ben conformados, sans e fortes para o momento da desteta.

A gama de produtos Kovital® que De Heus lanzou este ano complétase agora coa posta no mercado de dous lactosubstituíntes, Bacilactol Absolut® e Benefit®, para ofrecerlles aos gandeiros unha solución nutricional fácil e segura coa que abarcar con éxito o momento da desteta.

Estes dous novos produtos baséanse nunha combinación de precisión de materias primas de alta calidade, coas que achegar un contido nutricional adaptado aos requirimentos dos xatos. “Incorpóranse proteínas lácteas, acedos grasos de cadea media, aminoácidos e probióticos, co que conseguimos fortalecer o seu sistema inmune e favorecemos o crecemento dos tenreiros, así como a dixestión e a dispoñibilidade de nutrientes”, explica Eva Rodríguez Ribeiro, xefe de Ruminantes de Carne en De Heus. “Grazas a estas propiedades de Bacilactol Absolut® e Benefit®, o tenreiro mamón absorbe de forma simultánea as proteínas e graxas para cubrir os seus requirimentos nutritivos, obtendo un elevado rendemento produtivo: maior inxestión de alimento, maior ganancia media diaria e maior peso vivo á desteta. O resultado final son uns xatos sans e fortes, cunha mellor resposta fronte á enfermidade”, agrega.

Máis información na nota de prensa difundida pola compañía