De Heus Nutrición Animal adquire Evialis Galicia

De Heus Nutrición Animal adquire Evialis Galicia

De Heus Nutrición Animal anunciou a compra dun novo activo en España coa adquisición da planta de Evialis Galicia a Archer Daniels Midland Company (NYSE:ADM). Desta maneira, a empresa de orixe holandesa, que chegou a España en 2015 coa adquisición de Núter, avanza na súa estratexia de expansión dentro do mercado español, sumando xa 14 plantas en toda a península ibérica e cunha produción anual que supera o millón de toneladas.

Para o director xeral de De Heus Iberia, Jean François Honoré, “a adquisición de Evialis Galicia é un paso máis no plan de investimentos que a compañía está a realizar en España, que reforza o compromiso da empresa cos seus clientes, xa que a nova planta permitirá mellorar o abastecemento dos gandeiros desta rexión”.

Ler comunicado de prensa íntegro