De Heus lanza GoalFeed®, unha nutrición de precisión para cubrir as necesidades específicas nos robots de muxido

De Heus quixo dar un paso máis no desenvolvemento dunha nutrición de precisión co lanzamento dunha nova gama de pensos exclusivamente formulados para robots de muxido, unha tecnoloxía cada vez máis estendida que permite mellorar a produtividade e a rendibilidade das explotacións de vacún de leite.

Ramiro Fernández, xefe de produto de Vacún de Leite, sinala que “en De Heus somos especialistas en sistemas PMR (Partial Mix Ration), onde unha parte do alimento se fornece na ración base e a outra a través das escalas de subministración do penso no robot, permitindo así achegarnos máis aos requirimentos nutricionais de cada animal. Neste sentido, hai que ter en conta que as interaccións entre a actividade, o comportamento dos animais, a alimentación, a inxestión, a saúde e a produción de leite son complexas e vólvense aínda máis no muxido robotizado”.

GoalFeed® é o resultado da análise de máis de 2.000 robots de muxido no mundo a través do monitoreo continuo que ofrece a ferramenta RobotExpert®, cuxo lanzamento se anunciou hai pouco máis dun ano. Grazas a este software desenvolvido por De Heus é posible realizar unha análise detallada da produtividade das granxas vinculando todas as variables que inflúen a produción láctea.

Máis información na  nota de prensa emitida pola compañía