De Heus lanza Dairy Compass, a ferramenta que mellora os rendementos das ganderías de vacún leiteiro

De Heus Nutrición Animal  presentou Dairy Compass, unha nova ferramenta tecnolóxica deseñada para optimizar a produtividade e rendibilidade das explotacións de vacún de leite. Esta solución permite aos técnicos da compañía analizar e supervisar, en tempo real, parámetros clave das gandarías, anticipándose a problemas e ofrecendo solucións personalizadas.

Dairy Compass adáptase tanto a granxas robotizadas como a aquelas con salas de muxido tradicionais. Segundo Miguel Iglesias Naredo, responsable técnico de vacún de leite en De Heus, esta ferramenta non só monitoriza datos básicos como a produción diaria ou o deseño de racións, senón que tamén recolle información detallada sobre o desempeño reprodutivo e a calidade dos forraxes. Nas granxas robotizadas, por exemplo, analiza tendencias como o número de muxiduras, a velocidade de muxido e os rexeitamentos, proporcionando unha visión integral do rendemento.

Ademais, Dairy Compass incorpora un sistema de informes gráficos en tempo real, baseados nos datos recompilados durante os últimos dous anos. Estes informes permiten aos técnicos e gandeiros identificar problemas, rastrexar as súas causas e tomar decisións máis fundamentadas.

"Con Dairy Compass podemos personalizar a análise a nivel individual ou grupal, o que nos permite asesorar a cada explotación de maneira máis precisa", explica Iglesias Naredo. Este enfoque combina as visitas técnicas tradicionais coa análise avanzada de datos, maximizando a eficiencia alimentaria e a marxe de beneficios para os gandeiros.