De Heus estará presente en Salamaq

De Heus estará presente en Salamaq

De Heus Nutrición Animal estará presente na Feira do Sector Agropecuario (Salamaq), que se celebra en Salamanca do 5 ao 9 de setembro. Vai aproveitar a súa presenza no evento para promocionar os produtos e servizos que ofrece, así coma o valor engadido que xera para os seus gandeiros.

Este ano Salamaq abordará temas de total actualidade como é a innovación, o benestar animal, a eliminación de antibióticos e as últimas tendencias no sector agropecuario co obxectivo de trasladarlles aos seus visitantes todas as novidades que existen nestas materias. 

Neste sentido, Eva Rodríguez, xefa de produto de Vacún de Carne de De Heus, afirma que “a compañía ten claro que o benestar animal pode ser un indicador do bo funcionamento nas explotacións gandeiras. Así llelo queremos trasladar aos nosos clientes e aproveitaremos a feira para iso”.

Comunicado íntegro de De Heus