De Heus participa en Cimag-Gandagro cun relatorio sobre Dairy Compass

De Heus participa en Cimag-Gandagro cun relatorio sobre Dairy Compass

De Heus Nutrición Animal volve participar na Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag-Gandagro, que se celebra na Feira Internacional de Galicia Abanca, no municipio pontevedrés de Silleda, do 20 ao 22 de febreiro.

A compañía ofrecerá unha conferencia sobre Dairy Compass, a nova ferramenta que De Heus lanzou para mellorar os rendementos das ganderías de vacún de leite. O relatorio terá lugar o venres 21 de febreiro, ás 12:15 h, na sala 3 do Pavillón 1.

A exposición técnica correrá a cargo de Miguel Iglesias Naredo, Daniel Prado Fernández e Alejandro Rodríguez García, expertos da empresa nesta materia. Os tres relatores ofrecerán aos asistentes información precisa sobre este instrumento, que nace como unha solución tecnolóxica para analizar e monitorizar datos clave e en tempo real.

Ademais, a firma tamén estará presente na feira cun stand situado no espazo D-22 no Pabellón 2.