De camiño cara a un segundo robot con GEA

“Onde hai un soño, hai un camiño”. Con esta frase reciben os visitantes en Ganadería Bedollo, en Santayana de Soba (Cantabria), e precisamente están en pleno traxecto cara ao seu obxectivo: lograr muxir todo o seu rabaño en dous robots de muxido GEA DairyRobot R9500.

Os irmáns Emilio, Rosa e María Fuente Ezquerra son os propietarios desta granxa familiar, que iniciaron os seus avós e continuaron os seus pais, na que moxen un total de 82 vacas. Instalaron o primeiro dos robots hai dous anos, porque viron que as vacas necesitaban un terceiro muxido e non era fácil encontrar man de obra cualificada. Actualmente están incrementando o seu rabaño e moxen os animais cos dous sistemas: robot e sala.

Grazas á robotización, chegaron aos tres muxidos de media, conseguiron un incremento na produción e notaron moita mellor calidade de vida para os animais. Tamén teñen colares CowScout, arrimador de comida FRone, tanque TCool de 6.000 litros e un separador de xurro, recentemente estreado.

Contan os días para recibir a segunda máquina robotizada e esquecerse da sala de muxido.

En Vaca Pinta 25 coñecemos a súa historia.