Daniel Castro, novo director rexional da zona norte de España de De Heus

De Heus Nutrición Animal acaba de facer público o regreso de Daniel Castro á compañía para ocupar o cargo de director rexional da zona norte de España, posto que ocupaba Francisco Rubio, actual director comercial de De Heus España.

Tras máis de 10 anos no sector da alimentación animal, Daniel Castro afronta con confianza a súa volta á compañía declarando que “volver a unha empresa de tan alto prestixio ocupando un cargo destas magnitudes realmente faime ilusión e empezo esta nova etapa con ganas”. Ademais, engade que “o meu obxectivo é poder continuar coa estratexia e metodoloxía do meu compañeiro, Francisco Rubio, para lograr que a zona norte de España creza e mellore respondendo as inquietudes da sociedade en materia de seguridade alimentaria, benestar animal e respecto ao medio ambiente”.

Máis datos da súa traxectoria no comunicado de la empresa.