Trouw Nutrition organiza un seminario web o venres 22 de abril, a partir das 16:00 horas, centrado na eficiencia da alimentación. Os custos da alimentación representan un 60 % de todos os custos variables involucrados na produción de leite, polo que mellorar nese aspecto reducirá os gastos por litro de leite producido.
O profesor e investigador do Departamento de Ciencias Animais da Universidade de Florida José Santos presenta a charla "Estratexias clave para mellorar a eficiencia alimentar e produción de vacas leiteiras" e discutirá como estratexias importantes centradas en nutrición, saúde e manexo poden reducir os custos de alimentación e mellorar a eficiencia alimentar de vacas leiteiras.
Pola súa banda, Andrés Rincón, médico veterinario, falará sobre a ruta de CRV cara a un rabaño máis saudable e máis eficiente, e exporá o impacto das estratexias de reprodución para a eficiencia alimenticia. Cabe destacar que un programa de reprodución para a eficiencia alimentar pode ofrecer unha redución do 10 % dos custos de alimentación.