Curso de capacitación no WelFare Quality en Lugo

Curso de capacitación no WelFare Quality en Lugo

O Centro de Biomedicina Veterinaria (CEBIOVET) da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo acolleu do 24 ao 26 de outubro o Curso de Capacitación no WelFare Quality, o cal se desenvolveu en lingua inglesa e foi impartido polo doutor Christoph Winckler, responsable do programa e profesor na  University of Natural Resources and Life Sciences en Viena.

Organizado polo grupo CT-LEITE, adscrito  á Universidade de Santiago de Compostela, e patrocinado Boehringer-Ingelheim Animal Health España, esta reunión foi concibida como unha formación teórico-práctica con prazas limitadas e na que se acreditou a formación aos asistentes tras o correspondente exame como evaluadores de Benestar Animal en explotacións de gando vacún leiteiro.