Cultivos máis resistentes grazas aos fertilizantes ricos en fósforo Plusmaster

O fósforo xoga un papel fundamental no desenvolvemento das pradeiras; por iso, Fertiberia TECH pon a disposición dos agricultores a súa nova gama de fertilizantes ricos en fósforo PLUSMASTER, baseada na tecnología AntiOX, que fortalece o metabolismo das plantas.

As pradeiras, xa sexan naturais ou sementadas, son a forma máis económica de porporcionarlles alimento ás especies gandeiras. Para un bo desenvolvemento e unha adecuación da produción de forraxe, cómpre poñer a disposición das plantas que constitúen a pradeira unha serie de elementos nutricionais que contribuirán ao seu desenvolvemento.

O fósforo é un dos principais macronutrientes na nutrición das plantas, polo que é un elemento fundamental no desenvolvemento das pradeiras. Desde o punto de vista fisiolóxico, trátase dun nutriente esencial dos órganos de reserva da enerxía a nivel celular, que desempeña un papel activo na fotosíntese e división celular, ademais de ser un elemento estrutural das paredes celulares e outros constituíntes das células vexetais.