Conta atrás para FIMA 2020

Achégase unha das principais citas agrogandeiras do ano: a Feira Internacional de Maquinaria Agrícola (FIMA) abrirá as súas portas do martes 25 ao sábado 29 de febreiro en Zaragoza e, como adianto, acaban de compartir o vídeo promocional desta edición. Podedes velo sobre estas liñas.

Ademais, e como é habitual, Vaca Pinta estará presente en FIMA cun stand propio no pavillón 11, en onde poderedes recoller o voso exemplar do próximo número da revista.