Juan José Iglesias é o propietario da gandería lucense Enrique do Coche, na que hai pouco máis dun ano deron o salto ao muxido robotizado cun total de catro robots GEA DairyRobot R9500.
Conseguir facer tres muxidos ao día e optimizar os recursos de man de obra eran os seus dous principais obxectivos, aos que enseguida se engadiu o incremento constante na produción.
Non é a primeira vez que Juan confía en GEA, todo o contrario, sempre traballou coa marca na súa gandería. A calidade dos equipos e a falta de problemas nos diversos sistemas utilizados marcaron a súa decisión á hora de escoller os robots, unha fidelidade que uniu a certas características que lle ofrece este modelo, como son o foso, a separación por cuartos e a colocación das tetoeiras.
No número 22 da revista Vaca Pinta coñecemos como foi o proceso de cambio da súa sala rotativa aos robots e a valoración que a día de hoxe fai da súa decisión.