EN VACA TV

Cando recoller o millo?

O responsable de Desenvolvemento da zona noroeste de Bayer Crop Science, Anxo Valiño, explícanos neste vídeo cando é o momento idóneo para recoller o millo, tendo en conta obxectivos como a obtención da máxima cantidade de enerxía posible e da maior dixestibilidade para os animais. Enumera tamén os factores claves para unha boa colleita.

Pola súa banda, Manuel Barreiro, axente comercial de Dekalb, engade as claves para conseguir un silo con alta dixestibilidade, atendendo a tres puntos: a relación planta-mazaroca, o stay-green e o coñecemento das variedades.