Crystalyx renova a súa imaxe

Crystalyx renova a súa imaxe

A partir de 2020, Crystalyx renova a súa imaxe a nivel internacional así como o deseño dos cubos, facéndoos únicos e inconfundibles.

Crystalyx é un suplemento de alto valor nutricional, fabricado por un proceso exclusivo patentado que combina por esterificación unha base de melazas deshidratadas con graxas vexetais, ademais doutros ingredientes. É resistente á intemperie, cristalizado e palatable.

Estimula a microflora ruminal, incrementa a produción de saliva, emulsión (mellora a dixestibilidade) e impacto positivo sobre o metabolismo enerxético (cetose, toxemia de xestación).