COVAP pon en marcha un proxecto pionero para a redución de emisións a través da alimentación das súas vacas

COVAP pon en marcha un proxecto pionero para a redución de emisións a través da alimentación das súas vacas

Co obxectivo de reducir o impacto ambiental das súas vacas, COVAP acaba de poñer en marcha un proxecto de innovación pioneiro en España. Trátase dunha iniciativa mediante a cal a cooperativa reducirá nun 30 % as emisións de metano da súa cabana de vacas produtoras de leite grazas á administración diaria na alimentación do gando dun suplemento denominado Bovaer®.

Esta solución demostrou reducir as emisións sen afectar á produción ou ao benestar dos animais, mantendo así toda a súa calidade. Desta maneira, os gandeiros contribúen dun modo directo á mellora ambiental, producindo dunha maneira máis sustentable e responsable.

Ademais deste proxecto de innovación pioneiro en España, esta cooperativa leva a cabo outras iniciativas encamiñadas ao coidado do medio ambiente e á redución da pegada de carbono dentro da súa estratexia, as cales contribúen ademais á fixación da poboación e ao desenvolvemento rural. Entre todas elas, destacan o seu novo modelo enerxético con fontes renovables e a súa aposta pola optimización do proceso industrial a través dun cambio na xestión de residuos para minimizar o desperdicio e envialo a compostaxe.