Coolcare®, a solución redutora do estrés por calor de De Heus

Coolcare® é un conxunto de prácticas e solucións nutricionais, desenvolto por De Heus, cuxo obxectivo é minimizar o impacto do estrés térmico na produción de vacún de leite. Está dispoñible en toda a rede de distribución especializada da compañía.

As sustancias activas que conforman o premix de Coolcare® son os buffers, a base de algas mariñas, que achegan maior estabilidade ao ph ruminal; os minerais, que axudan ao animal a absorber auga a través dos tecidos, incluída a parede intestinal, e contribúen a reter a auga nas células para previr a deshidratación; as vitaminas, e os termorreguladores bioactivos, compostos orgánicos que dilatan os vasos aumentando o fluxo sanguíneo á pel, o que permite que a calor escape máis rapidamente do normal.

Como consecuencia de seguir unha estratexia nutricional con Coolcare®, as vacas inxeren máis alimento, están máis sas e hidratadas, padecen menos enfermidades e acidose, melloran as taxas de concepción e a súa produción de leite é máis estable.

Ademais, De Heus deseñou Coolcare® by De Heus, unha innovadora aplicación que pode descargarse gratuitamente para Android e IOS, e que ofrece recomendacións nutricionais e de manexo para a redución do estrés térmico dos animais, baseándose nas condicións meteorolóxicas locais de cada explotación. Esta app serve para calcular o THI (índice de temperatura e humidade) da granxa e a previsión para toda a semana. Tamén dispón de alertas automáticas e recomendacións técnicas de grande utilidade para o gandeiro.