Convención comercial de Evolution Iberica XY

Convención comercial de Evolution Iberica XY

Evolution Iberica XY celebrou o pasado 21 de xaneiro a súa Convención comercial 2020 co reto de seguir consolidando coas súas vendas os programas de selección XY Creation (Holstein) e Excellence XY (razas exclusivas de cruzamento cárnico avaliadas en Holstein: INRA 95, Charoles Excellente, Limuosine e Blonde).

Denis Reynaud, técnico de Evolution International, mostrou os últimos estudos realizados sobre o potencial xenético e as producións obtidas das razas citadas. Tamén describiu as innovacións da eficiencia xenética que os equipos de Evolution deron a coñecer o pasado mes de decembro. O obxectivo é seguir mellorando os caracteres funcionais en Holstein para potenciar a mellora da saúde e o benestar dos animais, que tanto inciden na rendibilidade das ganderías:

  • Saúde do pezuño: resistencia xenética ás lesións infecciosas e non infecciosas.
  • Acetonemia: resistencia xenética á cetose sobre todo en sistemas de produción máis intensivos.
  • Duración da xestación: mellora do intervalo entre partos.
  • Homoxeneidade de descendencia: obter sobre un criterio estratéxico un nivel á vez máis elevado e homoxéneo.
  • Eficiencia alimentaria: producir máis a partir da ración dispoñible, consumir menos alimentos e manterse nunha saúde idónea.

Con estas novas achegas ao servizo das nosas ganderías, Evolution Iberica XY segue fiel á súa misión de axudar a mellorar a rendibilidade das ganderías, producindo os animais máis adaptados ás necesidades e expectativas de futuro de cada rabaño e asegurando, por tanto, o negocio para as xeracións actuais e vindeiras.