“Contratar un asesor enerxético para as explotacións axuda a reducir o custo da factura eléctrica”

A Asesoría Enerxética Terra Chá (Vilalba, Lugo) está especializada no campo da eficiencia enerxética. O seu equipo técnico ten por obxectivo ofrecerlles aos seus clientes unha asesoría técnica a través de estudos, diagnósticos, auditorías e servizos orientados á xestión e á eficiencia enerxética. En Vaca Pinta 24 falamos coa CEO da empresa, Pilar Novo, quen explica en que consiste o seu traballo e fala sobre a importancia de contar cos seus servizos nas granxas, máis agora se cabe co incipiente cambio nas tarifas eléctricas.