Con motivo do Día do Leite, Vaca Pinta, en colaboración con DeLaval, organizou durante o mes de xuño un sorteo entre todos os participantes nunha enquisa sobre sistemas de muxido e hábitos de consumo en redes sociais. En total, sorteáronses catro packs de vestimenta infantil da marca DeLaval entre todos aqueles que cubriron o formulario.
As gañadoras foron María Carballo Pena, María Sánchez Aguilera, Elena Rodríguez Villafañe e Rocío Gutiérrez Carral. ¡Parabéns ás afortunadas! A organización poñerase en contacto con elas nos próximos días para facerlles chegar o equipamento.