Concurso fotográfico para fomentar o coñecemento sobre a biodiversidade en explotacións agrícolas

Concurso fotográfico para fomentar o coñecemento sobre a biodiversidade en explotacións agrícolas

Syngenta organiza o concurso fotográfico Desafío de Biodiversidade Agrícola. O obxectivo é mellorar o coñecemento de agricultores sobre a biodiversidade agrícola a través de observacións directas capturadas polos participantes mediante fotografías en campo, xa sexan insectos, plantas, flores silvestres, aves, mamíferos etc. nas súas explotacións agrarias.  

Está destinado a agricultores con explotacións en España e poden colaborar entomólogos e botánicos na identificación das diferentes especies a través da plataforma de iNaturalist, que dispón dunha aplicación que se pode descargar. O prazo para presentar fotografías estará aberto do 11 de abril ao 30 de xuño de 2022 e deben rexistrarse na web e colgar todas as fotografías que tomen.

Os 15 participantes con maior número de especies fotografadas na súa explotación conseguirán como premio unha bolsa de sementes de Operación Polinizador, un hotel para polinizadores e unha guía de campo de polinizadores de España.

Bases completas