Desde hai case unha década, Trioworld, líder mundial en fabricación de plásticos de ensilado, conta cunha gama de cores da que destina unha parte das súas vendas á investigación contra o cancro. Delagro participa nesta campaña de recadación de fondos desde 2017.
O cancro é unha das principais causas de morte en España. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), en 2020 rexistráronse máis de 112.000 mortes por esta enfermidade no noso país, o que equivale ao 28 % de todos os falecementos nese ano. O acompañamento dos pacientes e as súas familias, así como maiores investimentos para investigar as causas da enfermidade e os tratamentos que permitan combatela, foron os principais elementos de mobilización social nos últimos anos.
Trioworld, empresa líder a nivel mundial en fabricación de plásticos de ensilado, conta cunha gama de cores da que destina unha porcentaxe das súas vendas á investigación contra o cancro. Cada un simboliza un tipo: o rosa, o de mama; o azul, o de próstata, e o amarelo, o infantil. A compañía, apoiada por clientes e distribuidores como Delagro, recadou para esta causa máis dun millón de euros en todo o mundo.
POR CADA COMPRA, TRES EUROS DE DOAZÓN
Esta iniciativa garante que, pola compra dunha bobina Triowrap Plus Charity Edition, doarase para a loita contra o cancro un total de tres euros e Delagro, distribuidor exclusivo de Trioworld no norte de España, decidiu sumarse a este proxecto no ano 2017 como parte do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa (RSC).
O responsable comercial en España de Trioworld, Francisco Cerón, afirma que "a idea xurdiu en Nova Zelandia en 2014. A campaña comezou co filme rosa; en 2015, lanzamos o azul, e en 2018, completamos a familia cun amarelo".
José Manuel Díaz, director comercial de Delagro, explica: "Quixemos colaborar ao incluír no noso catálogo de produtos esta gama e animar a todos os gandeiros a que adquiran os plásticos de ensilado de cores, xa que, facéndoo, non só obteñen un produto de máxima calidade, senón que axudan a distintas asociacións españolas a seguir apoiando a investigación contra o cancro e acompañando as familias afectadas por esta enfermidade".
Díaz tamén engade que estes plásticos de ensilado teñen a mesma función e calidade que os Triowrap plus 1900m: "Simplemente incorporan unha tinguidura que en ningún caso afecta o rendemento do produto. Ademais, son aptos para todas as máquinas e para todos os tipos de pacas".
PRESENZA EN EVENTOS DE REFERENCIA
Para dar maior visibilidade a esta iniciativa, Delagro quixo levala ata as feiras agropecuarias máis importantes da zona norte, a máis recente, a IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandaría Cimag-GandAgro, celebrada a principios de marzo.
"Colocamos no noso stand exterior pacas ensiladas con plásticos de cores e ofrecemoslles aos visitantes gorras a cambio de donativos que se destinarán tamén á investigación contra o cancro. Máis de 450 persoas quixeron achegar o seu gran de area", conclúe o director comercial de Delagro.