Comodidade e eficiencia ao máis puro estilo Lely en Granxa do Loureiro

Pasaron sete anos desde que Granxa do Loureiro (Monfero, A Coruña) estreou as súas novas instalacións e o seu robot Lely Astronaut A4. A día de hoxe, José Manuel Fernández, propietario da granxa, moxe unha media de 68 vacas diarias con moi bos datos de produción.

Desde que instalaron as máquinas, a mellora foi moi significativa co paso dos anos, posto que empezaron cunha produción media anual de medio millón de litros de leite, pero nos dous últimos períodos duplicaron esta cifra e alcanzaron o millón de litros ao ano.