CLUN forma en gandería a migrantes de cinco países a través de Habita Rural

CLUN forma en gandería a migrantes de cinco países a través de Habita Rural

A cooperativa rural galega CLUN repite colaboración por segunda vez co proxecto Habita Rural, xunto coa ONG Ecos del Sur, para a formación e contratación de persoas migrantes. A vinculación xa iniciara en 2023 e, tras o éxito acadado, continúa neste ano.

A finais de setembro, dez alumnos procedentes de Brasil, Colombia, Marruecos, Ucraína e Venezuela comezaron a súa formación teórica sobre gandeiría en Galicia. Despois, iniciaron un período de prácticas en oito granxas asociadas a CLUN, nos municipios lucenses de Xermade, Ourol e Muras. Ao rematalas, algúns dos alumnos serán contratados nestas ganderías.

José Ángel Purriños, presidente de CLUN, explica que "buscamos ofrecer oportunidades de emprego ao tempo que se cubren postos de traballo que son necesarios no sector, ofertando un proxecto de vida e traballo no rural galego".

CLUN continúa co seu compromiso en iniciativas que garantan o futuro da gandeiría e promovan un medio rural como un espazo competitiv, innovador, sostible e saudable para vivir.