Maximizar o rendemento e a calidade sempre foi importante á hora de sementar millo para ensilado. Semillas LG considera que a mellor forma de aumentar a rendibilidade das explotacións e de intentar buscar, á vez, a máxima independencia alimentaria é apostar pola produción da totalidade ou da gran maioría das nosas forraxes.
No número 30 da revista Vaca Pinta, entrevistamos a Gustavo García, xefe de Produto de Millo e Forraxeiras de Semillas LG, quen aborda a actual situación que atravesa o sector e ofrécelle aos gandeiros alternativas para conseguir unha maior rendibilidade. Ademais, tamén coñecemos de primeira man as experiencias de gandeiros e técnicos cos diferentes produtos desta marca.