CLAAS recibe dúas medallas de prata en Agritechnica 2022

CLAAS recibe dúas medallas de prata en Agritechnica 2022

O Comité de Novos Produtos de Agritechnica outorgou na súa última edición dúas medallas de prata a CLAAS polas súas innovacións. A nova integración de Terranimo® no CEMOS para o sistema de asistencia de tractores e a función Autoheader de CEMOS, que se axusta automaticamente aos mecanismos de corte do CLAAS VARIO, foron os dous equipos aos que o xurado, compostos de persoal técnico e de agricultores, decidiu recoñecer con estes premios.

Terranimo será capaz nun futuro de aproveitar o coñecemento dos especialistas para calcular o risco de compactacións de chan prexudiciais sen que isto supoña un incremento no volume de traballo dos condutores. Pola súa banda, a función Autoheader de CEMOS axusta automaticamente os mecanismos de corte de acordo coas condicións de sega.