Claas introduce novas funcións para as súas picadoras Jaguar

Claas introduce novas funcións para as súas picadoras Jaguar

A empresa Claas, a raíz da campaña de 2023, introduciu novas funcións para as picadoras Jaguar. Así, as Jaguar 900 e Jaguar 900 Terra Trac contan agora cun accionamento pick up optimizado. Ademais, actualizouse a Jaguar 840 cun motor máis potente. Por outra banda, o terminal Cemis 1.200 co novo GPS Pilot encóntrase dispoñible actualmente para todos os modelos. 

En 2021, a empresa introduciu unha terceira variante de accionamento para os modelos Jaguar 900 e Jaguar 900 Terra Trac, en forma dun accionamento hidráulico adicional para o molinete do pick up. O resultado que dá é un rastrexado eficaz a calquera velocidade con mínimas perdas de alimentación e pouco desgaste. Agora, este sistema de accionamento mellorouse para que se axuste de forma automática a velocidade do pick up á velocidade de avance ou á lonxitude de corte axustada, conseguindo así un fluxo de forraxe aínda máis uniforme.

Por outra banda, a Jaguar 840, a picadora máis pequena da actual gama de produtos, ve aumentada a potencia do seu motor en 27 CV grazas á campaña de 2023. A eficiencia da Jaguar mantense con esta actualización, xa que o aumento de cilindrada non inflúe no consumo de diésel por tonelada de rendemento. 

Finalmente, temos o Cemis 1.200 co novo GPS Pilot, podendo equiparse agora tamén a Jaguar 900 e 800 con este novo terminal. Ademais de ser unha alternativa ao sensor de fileiras de millo co Orbis e ao Cam Pilot na colleita de herba, este sistema de dirección automatizada tamén pode ser usado na colleita de ensilado de cultivos enteiros ou outros tipos de cultivos forraxeiros. Outra novidade é a activación en dúas fases de Auto Pilot/GPS Pilot e Cemos Auto Performance ou Cruise Pilot.