Claas celebra os 25 anos de produción en serie de Xerion cunha edición especial limitada

Co lanzamento ao mercado de Xerion hai 25 anos, Claas estableceu novos estándares en canto a multifuncionalidade e versatilidade en tractores de gran potencia. Agora, a entidade celebra o seu aniversario xunto aos seus distribuidores e clientes cunha edición especial limitada, baseada na combinación de cores do primeiro Xerion 2500 de 1997.

A edición limitada será exposta en feiras e estará dispoñible para os seus clientes máis fieis. Ademais, todos os fabricados entre xullo de 2022 e xullo de 2023 recibirán un adhesivo de aniversario para a porta da cabina.

Na actualidade, saen da liña de montaxe cada ano ata 400 unidades e as cifras de vendas duplicáronse nos últimos tres anos.