CLAAS acada un novo récord

Coa unidade de segadora acondicionadora DISCO 1100 RC, CLAAS estableceu unha nova marca mundial en canto á cantidade de segada nun tempo de oito horas. Durante este período, a máquina foi capaz de cortar un total de 141,1 hectáreas de alfalfa cun acondicionador de rodetes e un rendemento medio de 5,24 toneladas de materia seca por hectárea. A marca anterior foi deste xeito superada por máis de 40 hectáreas.

O 1 de xullo de 2018, despois do mediodía, Tate Mesbergen de Mesbergen Farms, propúxose lograr unha nova marca mundial cunha combinación de máquinas AXION 800 e DISCO 1100 RC. Exactamente oito horas despois, saíu da cabina do seu tractor como o posuidor da nova marca mundial. Un equipo de apoio e testemuñas imparciais poden constatar que Tate logrou segar un total de 141,1 hectáreas en catro campos diferentes.

Nota de prensa completa