Charla en directo de Uniform-Agri sobre o programa UNIFORM-Repro

Charla en directo de Uniform-Agri sobre o programa UNIFORM-Repro

Uniform-Agri celebrará o martes 8 de marzo, ás 13.00 horas (hora peninsular), unha charla en directo con Endika Landa, da gandería Armoki SCP (Álava), unha explotación leiteira cun rabaño de 170 vacas en ordeño na que traballan coa aplicación UNIFORM-Repro integrada co programa dos robots de muxido Lely.

Os asistentes a este seminario on-line gratuíto poderán enviar as súas preguntas durante o directo e o gandeiro, que falará da súa visión do sector, de como é o día a día na súa gandería e da súa experiencia coa dixitalización da produción de leite, responderá ao longo da sesión en primeira persoa. A duración da sesión será duns 40 minutos. 

Realiza o teu rexistro gratuítamente nesta ligazón