Ceva VeTrainings, un ambicioso programa de formación para veterinarios

Ceva VeTrainings, un ambicioso programa de formación para veterinarios

Ceva puxo en marcha o Ceva VeTrainings, un programa formativo para veterinarios que traballan en rumiantes que ten como obxectivo analizar os retos profesionais que afronta o sector.

No seu continuo compromiso coa formación dos profesionais veterinarios, Ceva Saúde Animal iniciou durante o pasado mes de marzo este novo programa de formación que pretende axudar a dar solución aos novos desafíos que afrontarán estes profesionais no futuro: a nova situación lexislativa e o uso racional de antibióticos, medidas de manexo, prevención e tratamento de enfermidades e importancia e organización da reprodución nas explotacións.

O programa formativo é de ámbito nacional e desenvolverase ao longo de 2019. Todas as sesións teñen un carácter teórico-práctico e permitirán aos profesionais poder intercambiar experiencias e opinións.

Para máis información, contacte co responsable de Ceva na súa zona ou a través das súas oficinas centrais.