Ceva lanza unha páxina web de información e divulgación sobre a febre Q

Ceva Salud Animal lanza a páxina web www.fiebreq.com, coa que quere achegar información de valor sobre a febre Q, unha zoonose que é aínda unha gran descoñecida para o público en xeral e incluso entre os gandeiros. Coñecer a enfermidade e saber tratala a tempo garante a saúde das explotacións, e por iso Ceva considera fundamental levar a cabo un bo labor divulgativo sobre o impacto que a febre Q causa en granxas de todo o mundo, e achegar a súa experiencia de moitos anos para axudar na prevención, detección e control da enfermidade en todo o mundo e en diferentes especies animais.

www.fiebreq.com nace co obxectivo de ser referentes e axudar a facer difusión da enfermidade, e por iso a páxina está aberta para a consulta de dúbidas sobre a febre Q.

Ampliar información na nota de prensa emitida pola compañía